Monday, October 31, 2005

A educación republicana

Ímonos plegar á agenda setting. Llamazares é un heroe posmoderno. Baixiño, gris, sen carisma (ao estilo daqueles que como Frodo Bolsón ou Leopold Bloom ocupan un lugar na nosa iconografía, ben sexa paraa adoralos -algúns- ou para odialos -moitos), de seguro tivo que facer un esforzo para saír da súa abulia habitual e levantar o argumentario para saír a contracorrente un día tan sinalado para todo o Estado e o universo estelar en xeral.

Aínda así preferiu citar unha certa "educación republicana" como excusa á hora de felicitar a unha das escasas familias subvencionadas pola administración de xeito holgado. Unha das poucas páxinas ou informativos que nos informa doutras reaccións non monárquicas é Libertad Digital (unha aperta a Fede e a César pola axuda na elaboración desta páxina):

Antonio Romero (IU): "El diputado de IU señaló como "anacrónico" el hecho de que la Infanta Leonor haya "nacido con las escrituras del Estado, que haya heredado España y que no tenga que ser elegida democráticamente, como ocurre con el presidente del Gobierno y con el alcalde de la pedanía más pequeña".

Quizais estamos máis de acordo con Víctor Casco (IU Extremadura): "Víctor Casco, indicó que no comparte la felicidad expresada en un comunicado oficial de la Junta extremeña dirigido a la Casa Real, por cuanto "no compartimos ni renovamos el compromiso con la Corona y los valores que ella encarna (...) seguiremos luchando para que la ciudadana Leonor no tenga más derechos que los miles de niños que en estas mismas fechas deben haber nacido y que no son objeto ni de las cámaras ni de los halagos de la corte"

Por dar unha nota de cor ao asunto: "El portavoz de la ejecutiva nacional del PNV, Iñigo Urkullu, dijo que "como nacionalista la sucesión al Trono de España no es algo que nos vaya ni nos corresponda valorar, ya que entendemos que, además, es una institución que obedece a otros tiempos"

Síntoo. ¡Nin un píxel nin unha gota de tinta máis aos borbóns! Saúde.

Monday, October 24, 2005

Non me gustan algúns bombóns

O bombón dixo que lle gustaba a Constitución. A min tamén me gusta algo, pero por diversas razóns. Todas as razóns son familiares. A el gústalle porque lle dá para manter ben á súa familia e aos seus bombonciños. A min porque se se cumplise todos poderiamos manternos e manter a nosa familia.
Tamén é certo é que os bombóns son proletariado (segundo a acepción orixinal do termo). Aínda vai ser certo que xa non existen as clases...

Friday, October 21, 2005

¡Que bonita é a nosa constitución!

Algúns artigos para a reflexión, a min que me chamades tolo:

Art. 128:
1. Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general.
2. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.

Art. 129:
1. La ley establecerá las formas de participación de los interesados en la Seguridad Social y en la actividad de los organismos públicos cuya función afecte directamente a la calidad de la vida o al bienestar general.
2. Los poderes públicos promoverán eficazmente las diversas formas de participación en la empresa y fomentarán, mediante una legislación adecuada, las sociedades cooperativas.
También establecerán los medios que faciliten el acceso de los trabajadores a la propiedad de los medios de producción.


Art. 130:
1. Los poderes públicos atenderán a la modernización y desarrollo de todos los sectores económicos y, en particular, de la agricultura, de la ganadería, de la pesca y de la artesanía, a fin de equiparar el nivel de vida de todos los españoles.

E o mellor de todo é que non os invento eu. Están escritos na maravillosa Constitución do 78 que permitiu a nosa pacífica convivencia e armoniosa "solidariedade". Para coñecer mellor o texto, recomendo a páxina do Congreso.

Saúdos estatalizadores.

Tuesday, October 18, 2005

Mitos eróticos (II)

Boas...

Visto o escaso éxito da vena esencialista da "Oda aos amigos", volto a dar a brasa cos meus mitos eróticos. Hoxe, Rosa Louxembourg. De orixe polaca, fundou o partido socialdemócrata de Polonia e formou parte da ala esquerda do SPD. Os seis fitos máis característicos e recordados son:

1.- Oposición á participación dos obreiros na primeira guerra mundial, considerada por ela (que tamén era teórica) como unha guerra imperialista (e polo tanto capitalista).

2.- Formación da Liga Espartaquista, que levou a cabo o intento revolucionario do 18 en Alemaña.

3.- Morte turbia. Asasinada xunto a Liebknetch.

Para rematar: unha ortodoxa marxista (enfrentouse cos excesos revisionistas de Bernstein), que aínda que nun comezo criticou as tácticas bolcheviques, rematou por recoñecer as virtudes da praxe leninista (aínda que a verdade é que non puido observala por moito tempo).

Un saúdo e unha imaxe.

Saturday, October 15, 2005

Oda aos amigos (ou "Morte a Zenón de Citio")

Vós, os do xoves, que sabedes quen sodes, coñecede que un dende aquí, dende a ventá ao baleiro, vos saúda.
Porque máis aló das apariencias, sei que, empiricamente, estades vivos.
Porque, alomenos durante unhas horas, sabiades cara onde íades, sabiades o que queríades, aínda que fose unha muller, ou dúas, ou moitas.
Porque Nietzsche sempre estivo máis vivo que Zenón de Citio, porque sufrir sempre foi mellor que non facer nada. Porque, saibádelo ou non, a min paréceme que avanzastes un chanzo máis no camiño de Oudiseus, o fértil en ardides e o de áxiles pés.
Porque a pesar das adversidades, agora non perdedes a consciencia en líquidas trampas sociais (ou iso creo).
Porque, en definitiva o xoves fostes máis persoa do que moitas noites.
Saúde, heroes que sodes porque vos enfrontades ás adversidades, e permanecedes vivos.
Saúde e sorte.

Friday, October 14, 2005

Mitos eróticos (I)

Bueno, como parece que pode vir a conto, vou comezar unha serie cos meus mitos erótico-políticos. Comezaremos por Sieyes (o acento deixo que cadaquén o coloque onde queira, que Google non se aclara). Supoño que todos, oh próceres da sabedoría (que ademais estudástedes COU coma min), sabedes quen é. Para os que non, e máis que nada para que elnadadador se queixe, só diremos que foi un crego revolucionario que participou nos destacados acontecementos que acaeceron en Francia no 1789. Ahí vai un fragmento de "¿Que é o Terceiro Estado?"

"El plan de este escrito es muy simple. Nos planteamos tres preguntas: ¿Qué es el Estado llano? Todo. ¿Qué ha sido hasta el presente en el orden político? Nada. Qué pide? Llegar a ser algo. ¿Quién osaría decir que el Estado llano no contiene en sí todo lo necesario para formar una nación completa? Es un hombre fuerte y robusto que tiene aún un brazo encadenado. Si se hiciera desaparecer el orden privilegiado, la nación no sería menos sino más. Y ¿qué es el Estado llano? Todo, pero un todo trabado y oprimido. ¿Y qué sería sin el orden privilegiado? Todo, pero un todo libre y floreciente. Nada puede funcionar sin él, todo andaría infinitamente mejor sin los demás. No basta haber mostrado que los privilegiados, lejos de ser útiles a la nación, no pueden sino debilitarla y dañarla. Es menester probar aún que el orden noble no entra en la organización social; que puede ciertamente ser una carga para la nación, pero que no sabría formar una parte de ella... ¿Qué es una nación? Un cuerpo de asociados que viven bajo una ley común y representados por la misma legislatura. ¿No es evidente que la nobleza tiene privilegios, dispensas, incluso derechos separados de los del gran cuerpo de ciudadanos? Por esto mismo sale de la ley común, y por ello sus derechos civiles lo constituyen en pueblo aparte dentro de la gran nación. Verdaderamente es un imperium sin imperio. Respecto a sus derechos políticos, también los ejerce separadamente. Tiene sus representantes que no están encargados en absoluto por procuración de los pueblos. El cuerpo de sus diputados se reúne aparte. Pero aun cuando se reuniera en una misma sala con los diputados de los simples ciudadanos, no es menos verdad que su representación es distinta por esencia y separada. Es ajena a la nación por principio, puesto que su misión no emana del pueblo, y por su objeto, puesto que consiste en defender no el interés general, sino el particular. El Estado llano abarca todo lo que pertenece a la nación y todo lo que no es el Estado llano no puede contemplarse como representante de la nación. ¿Qué es el Estado llano? Todo"

Aínda que é un pouco longo, e xa de seguro coñecido, plantexa algunhas cuestións fundamentais que interesan a un, quizais, futuro debate serio sobre a acción social e a cuestión nacional. Ademais quero facer notar dúas cousas:

1.- Poño ese fragmento íntegro, xa que ao cortalo podería trampealo para apoiar as miñas teses. Pero se eliminamos certas partes derivadas do momento histórico e abstraemos o significado profundo, é verdadeiramente interesante.
2.- Abre novos camiños conceptuais para "nación" dos que trataremos nestas liñas dixitais.

Saúdos dende o baleiro.

Thursday, October 13, 2005

Axuntémonos todos...

...baixo o paraugas, o xénero humano non se mollará.

Aínda que con dificultades, prosigamos irmáns na nosa sacra tarefa de ascender chanzo a chanzo cara a verdade absoluta. Hoxe, e a risco de ser reiterativo, continuamos dilucidando as difíciles relacións entre os conceptos de nación e clase. Os dous conceptos teñen moito en común: nacen no mesmo século (alomenos coas acepcións que lle damos aquí); son, en maior ou menor medida, polisémicas; moitos xuran que están superadas; en definitiva, que ninguén sabe que c****** significan.

Pois ben, a risco (como Vicente, redoble de tambor) de ser chamado antisocial direi que eu creo que o camiño máis axeitado cara a acción social ten que estar apuntalado polos conceptos que se derivan de "clase". ¿Querédelo máis claro? Si, a nación non existe tal como a defenderon Fichte e Stalin. ¿Podémolo dicir aínda máis diáfanamente? Si, lede a Sièyes.

Por un problema loxístico, seguiremos mañá.

Rosa Luxemburgo, (algúns) non te esquecemos.